Tu existe
- Dibujos: María Puertas
Poemario escrito en galego de Luz Pichel, un diálogo aberto que nos conecta coa tradición oral e o saber popular.
Tu existe é un lugar de encontro, que se orixina dentro un proxecto chamado O espello da memoria no trazo da palabra, entre a poeta Luz Pichel e a ilustradora María Puertas e os veciños de Vilar de Bande na comarca da Baixa Limia.
Poemas e debuxos buscan penetrarse na memoria a partir dun diálogo aberto que nos conecta coa tradición oral e o saber popular.
***
É un proxecto que reforza a lingua, e abre a mirada poética a través dos trazos que debuxa María Puertas e das palabras que articula Luz Pichel no espello dos seus poemas.
Este é un proxecto participativo que indaga en formas artísticas diversas: o vídeo, a fotografía, o son, a palabra… combínanse de diferentes xeitos para deixar unha pegada no entorno, e expandir a posibilidade de descubrir novas lecturas do cotián.
Os maiores e os mais novos dialogan ao mesmo nivel para por en común lembranzas e resaltar a importancia de feitos aparentemente desprovistos de significado.
O espello da memoria no trazo da palabra presentase como un proxecto no que se atende ao coñecemento a través da tradición, propiciando a participación activa dos habitantes de Vilar.
Con este proxecto desexamos consolidar e reforzar saberes no límite do esquecemento, explorar relacións perdidas e descubrir informacións que están solo na memoria dos mais vellos. Convértese deste xeito nun proxecto activador que xera conversas, encontros e comparte coñecementos.
***
VILAR
De infesta
de Soutolongo
de Flores, Espiñeiros, Allariz, Ourense
de Touro
de Zas
¿de Bande? (non vén)
En Ames
en Anca
en Andabao
en Aranga
en Aro
en Berdeogas
en Bergondo
(Bande non vén)
Por Brións
por Bujantes
¿por Bujantes?
(non pode ser Bujantes)
por Cerbo
por Cereijo
(tampouco queda ben Cereijo
que páxina estou eu vendo?)
Alá en Crendes
alá en Doniños
en Dorneá
alá
en Figueiroa
e en Folgoso
(Folghoso)
Aí en La Baña
(La Baña?)
alá por Lestedo
por Leyloyo (non ha ser así)
Leiloio, claro
por Malpica
Marojo (¿seguro?)
A continuación puedes ver lo más destacado cerca de Maroxo (A Coruña). Si te interesa Maroxo y sus alrededores, bla bla bla.
Un Vilar en Meangos
outro en Oliveira
en Sendelle (como Manselle, mirar sufixos -elle)
en Sergude (mirar -ude)
na esdrúxula Tállara
en Vimianzo
outro en Vizoño (¿despectivo, Vizoño?)
Graña de Vilar en Cambás
O Vilar de Ames
O Vilar de Reimonde en Palas
Pedrouzos-Vilar tamén en Ames
Vilar da Fraga
de Abade, de Cerdeiras, de Cidre,
da Cima (a Braña)
da Cima (Rus)
Vilar de Francos, Vilar de Lamas, do Outeiro
de Parada, de Paraíso, de Peras, de Sobremonte
de Suso (Boimorto), de Suso (A Braña)
de Suso
(Sísamo)
Vilar de Uz, en Oza
Vilar do Carballo, en Oza
Vilar Reconco, en Vilacoba, Lousame
Vilar, en Cospeito
de Cabalos, de Cuiña (na Fonsagrada)
de Donas en Palas
Vilar de Lor
(vi lar de lor o lor vi de lar)
Vilar de Ortelle (outra vez -elle)
de Adá
de Baleira (Pousada)
Bóveda
Folghoso do Caurel
Lourenzá
Hai un Vilar en Negreira de Muñiz
Vilar de Mulleres, en Carballedo
Vilar de Nuño , na Graña, Abadín
hai Vilariño en moitos sitios
tamén hai o Vilarmao de Olga Novo
e ben seguro que aínda hai máis
Non atopei nesta lista ningún Vilar no municipio de Bande, débeche ser ben pequeniño
A ver aquí:
“Nomenclator de Galicia, búsqueda guiada: Parroquia: San Pedro Fiz de Vilar
Lugar: Vilar. Ayuntamiento: Bande”. Así, sic, ayuntamiento.
Libro coeditado con
Esta publicación é parte do proxecto O Espello da Memoria no Trazo da Palabra desenvolvido a través das subvencións da Axencia Galega de Industrias Culturais para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Terriotorio Cultura, e está financiado pola Unión Europea - Next GenerationEU
Una iniciativa de